TABOEIRO DE NOVAS

PROGRAMA PROVISIONAL PARA 2024

1. 23/03/2024 (Sábado 20:00) Festival no C.S.C.R. de Beade. Patr. Concello de Vigo.

2. 17/05/2024 (Venres festivo 18:00) Concerto na Praza Princesa. Patr. Concello de Vigo.
3. 22/06/2024 (Sábado 20:00) AAVV Val Fragoso (Balaidos). Patr. Concello de Vigo.
4. 29/06/2024 (Sábado 18:00). Parque Forestal de San Miguel de Oia. Patr. Concello de Vigo.
5. 06/07/2024 (Sábado 16:00) Concerto nos xardíns do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.
6. 07/07/2024 (Domingo mañá e tarde) Festas de Coia. Comisión de Festas.
7. 24/07/2024 (Mércores 19:00). Festas de Ribadelouro. Comisión de Festas.
8. 26/07/2024 (Venres mañá e tarde): Festas de Santa Ana. Patr. Concello de Vigo.
9. 31/07/2024 (Mércores 20:30) Alameda de Matamá. Patr. Concello de Vigo.
10. 02/08/2024 (Venres 20:30) Concerto na Praza Princesa. Patr. Concello de Vigo.
11. 04/08/2024 (Domingo 13:00) Parque Forestal de Beade. Patr. Concello de Vigo.
12. 10/08/2024 (Sábado 19:00) Finca de San Roque (Vigo). Patr. Concello de Vigo.
13. 21/08/2024 (Mércores 21:00) Festival no torreiro de Valladares. Patr. Concello de Vigo.
14. 08/09/2024 (Domingo mañá e tarde). Festas de Cangas. Comisión de Festas.
15. 15/09/2024 (Domingo 19:00) Concerto no Parque de Castrelos. Patr. Concello de Vigo.
16. —/10/2024 (Sábado 19:00) Outono musical. Coa participación da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla. 
17. 23/11/2024 (Sábado 19:00) Concerto de Santa Icía no C.S.C.R de Beade.
18. 21/12/2024 (Sábado 19:00) Concerto de Nadal no C.S.C.R. de Beade.

In memoriam

En memoria de Daniel Portas, mestre de trombón da escola de música de Beade dende  2017 ata  2023. Mestre excepcional e unha inspiración para moitos músicos. Sempre lembraremos a súa paixón pola música e a súa dedicación para ensinar a arte do trombón. Lembramos con agarimo a súa habilidade para motivar aos alumnos da escola e a súa paciencia infinita. Grande músico e grande mestre.
Aínda que a súa presenza física xa non este entre nós, o seu legado perdurará a través das xeracións de estudantes que el guiou e ensinou.
Descansa en paz.

ENTIDADES COLABORADORAS


MÚSICA NO CONFINAMENTO

Cando os músicos da banda non podían tocar xuntos, o facían cada un na súa casa.

Non foi doado, pero con ilusión todo é posible.

 

a tvg visita a escola

En decembro do 2019, as cámaras do programa un país 360′ da TVG grabaron un ensaio na Escola de Música de Beade. Se queredes ver a gravación a tedes no seguinte enlace
https://youtu.be/-yl_LaVGLps

Novo mobiliario para a sala de ensaios

A Mancomunidade de Montes de Beade concedeunos en setembro de 2019 a axuda económica necesaria para mercar as cadeiras e os atrís da nova sala de ensaios.

Remodelación do edificio DA ESCOLA

A obra foi realizada polo Concello de Vigo e inaugurada por Abel Caballero  o 2 de marzo de 2019. Agora dispoñemos dunha cuberta exterior renovada e dunha sala de ensaios ampla e con paredes insonorizadas.

Scroll al inicio